Un curso máis reunímonos co alumnado e profesorado de Castroverde para realizar unha actividade conxunta. Nesta caso o destino foi a fermosa e histórica vila de Celanova. Agradecemos ás persoas que nos acompañaron na visita as súas interesantes e amenas explicacións.
Mosteiro de San Salvador
Capela de San Miguel
Biblioteca do IES de Celanova

Visita a Castromao
Vista de Vilanova dos Infantes, escenario da composición de "A Virxe do Cristal", desde Castromao.
As persoas que organizan estas actividades propuxeron uns textos de Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro para que recitase o noso alumnado en lugares claves do percorrido.
Nós engadimos algún máis: un fragmento de "A Virxe do Cristal", "María Soliña", "Non" e "Inverno".
Traballamos e compartimos todos eles nas distintas reunións do club pero, desafortunadamente, non nos deu tempo a ler todos durante a visita á vila.
Tamén os rapaces e rapazas de Castroverde recitaron os seus poemas.
Compartimos con vós algunha das lecturas.
Fragmento de A taberna do galo, unha das obras narrativas de Celso Emilio Ferreiro.

.jpg)
.jpg)
.jpg)



.jpeg)


No hay comentarios:
Publicar un comentario