Mosteiro de San Salvador
Capela de San Miguel
Biblioteca do IES de Celanova
Visita a Castromao
Mosteiro de San Salvador
Biblioteca do IES de Celanova
Visita a Castromao
A biblioteca do noso centro foi a encargada de deseñar a aula onde actualmente se ubica os polos creativos. Co propósito de ter un espazo atractivo e diferenciado comezamos por estudar algúns dos aspectos máis importantes para tal fin: deseño de interiores, teoría da cor, tipografía e mobiliario.
Algúns dos libros consultados son un referente neste sentido.
Recorremos a
rescatar mobiliario antigo no propio centro para abaratar costos, crear tamén
novas mesas de traballo e elixir as cores e os rótulos.
Para identificar o lugar desde fora propúxose un certame de ilustración un tanto irónico.
As imaxes gañadoras colgan da porta pola parte exterior.
A mesma porta,
pero no interior, mostra un pantom para identificar máis rapidamente o material
que a aula ofrece.
Queda por
realizar un díptico cas normas de uso e mantemento.
No presente curso
a Eso celebrou o Samaín cunha teatralización realizada polo alumnado de cuarto
e representada a os demais cursos. Baseáronse no cómic de Seymour Chwast
titulado “ a divina comedia”, adaptación do libro de Dante. Tamén na pintura “
a mesa dos pecados capitais” do artista flamenco O Bosco. A partir destas obras
fixeron un traballo de investigación sobre os pecados capitais desde diferentes
perspectivas : artística, histórica, psicolóxica e biolóxica, para despois
crear un guión e como resultado final teatralizar todos os contidos.
Mostramos o traballo filmado.