3.4.19

A federación Cogami visita o colexio


A Federación Cogami achegouse ao centro para realizar unha serie de actividades inclusivas.
A rapazada de educación infantil e primaria puideron compartir unha experiencia con persoas con dificultades. Resultou dobremente enriquecedora, tanto para o alumnado como para os usuarios participantes. Achegámonos a outras realidades, acollendo e integrando a persoas que a pesar das súas limitacións teñen moito que aportar.  Puideron sentir como os nosos pequechos e pequechas os arroupaban e acollían, recibindo en ambas xornadas unha morea de sorrisos.

A través dunha yinkana o alumnado tivo que superar 4 probas. En cada proba superada conseguían a peza dun puzzle. Os grupos que o fosen superando conseguirían as 4 pezas do puzzle e poderían descubrir unha frase sobre a cal deberían reflexionar co resto do equipo e compartir despois co resto da clase.

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgAYFgfWuArjVNfGPVbO_lv0ycg0tOpoie7m9J98vGc-yRkSgzEx0mbyB8gaw2wunz0cX0jsRvDqBUuuauS9JGjYVM49x6H5g-FA23go7HBQuzSkoNv9Wvk5a-TD2vo27uknEAHaXSTQmA/s400/20190213_125004.jpg
Proba Cada ovella coa súa parella

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhwb_wTZAJwUOIl6pXgrRAB2mhxNcSj2FBpZQctEI5xxaH2oMij4QRKaX9SPYTJ3enKNraSDlXLKUzyusryqCxDB1hQgGEM4G0P42ISfepOIjX-hBH7SXCfuX9Rlk_ns-RcU47KEz5bIKY/s400/20190213_130306.jpg
Proba Sobre rodas

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEihyP1ozmjia4b55x4_QJBOC4KkEVfNzTu5BNLPvhBaMdEDL4WLurWDbMukRhvER2rNEYQ2aqnQSjp4yxi6SLl_MgVx6qa199wPhiPDxgAAdQFVW6nDagE8cb3eoqJ-D1h_yQ3xRITQU44/s400/20190213_123402.jpg
Proba Ponte no meu lugar

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhWeewO7lTX6ybKkvL61_tU_IRMhnlM-0MrkTfJ1eDeRuB-DMceOndyrJPvnSUFfleg7p_rroRT6-P1fjGV5pldPlXDKLDt3uS2fjc0_WIQSxcBQ8-EQlnSc64Sos4RnAEItAdbzp0VEJo/s400/20190213_123415.jpg
Proba Trivial inclusivo

Na segunda sesión achegáronse para realizar un taller creativo onde os pequenos puideron disfrutar durante gran parte da xornada. Para mostra unhas fotos.
Grazas a Cogami por esta visita.

https://3.bp.blogspot.com/-_fdcadMe5zk/XHPV9x3GYQI/AAAAAAAAkC8/CH1c6sC-m-4Ti-h1c63NGO2NCsev4ElGwCPcBGAYYCw/s400/IMG-20190221-WA0008.jpg


https://4.bp.blogspot.com/-DgzzYyGuVXQ/XHPV92bPxaI/AAAAAAAAkC4/aeF-xP1GpVgWD-9ym7R-RW0n3tyxpi07gCPcBGAYYCw/s400/IMG-20190221-WA0025.jpg


https://1.bp.blogspot.com/-D52cqI2CZnI/XHfTXnpUlUI/AAAAAAAAkKo/cmuvmH8OyAY7sxdqsuS1ZPboh7KOkKHrgCPcBGAYYCw/s400/IMG_20190228_123247.jpg



https://3.bp.blogspot.com/-vNL9_rN7PJA/XHfTDwamdAI/AAAAAAAAkKo/ey_h71cUOJU5GDRMm72Yeb7wPxoZtGBHwCPcBGAYYCw/s400/IMG_20190228_121752_1.jpg


https://3.bp.blogspot.com/-UJeQ4J100AM/XHfSg0HAy5I/AAAAAAAAkKs/sDCOLBE8V9QOBeGBX1tjGjQPgCW9L2ThwCPcBGAYYCw/s400/IMG_20190228_121216.jpg

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas