19.10.20

Protocolo de uso da Biblioteca

 

 

PROTOCOLO COVID-19 PARA O USO DA BIBLIOTECA DO CPI DR. LÓPEZ SUÁREZ-FRIOL DURANTE OS TEMPOS DE LECER

ESO E 3º, 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA.

Dadas as circunstancias do presente curso a Biblioteca elaborou un protocolo que pretende:

- Aplicar as normas de seguridade seguindo as instrucións proporcionadas polos distintos órganos educativos competentes.

- Continuar, na medida do posible, atendendo a todas as funcións propias dunha Biblioteca Escolar. 



ENTRADA

- A porta da biblioteca permanecerá aberta durante o tempo no que o alumnado teña acceso ao recinto.

-O alumnado deberá pedir permiso para entrar.

- O primeiro que deberá facer unha vez na biblioteca é aplicar o xel hidroalcólico que está á súa disposición dentro da mesma.

- Co fin de evitar o excesivo tránsito de persoas, o alumnado que abandone a biblioteca non poderá acceder a ela na mesma sesión.

- Mediante un cartel situado na porta proporcionarase a información de que o aforo está completo.

- Cando queden sitios libres farase saber mediante este mesmo cartel e, tras pedir permiso á persoa encargada, ocupará o lugar que se lle asigne.

- Os rapaces e rapazas que desexen facer uso da biblioteca cando o aforo estea completo deberán esperar na porta de entrada do edificio de primaria. 



 

 

PERMANENCIA NA BIBLIOTECA 

- O aforo máximo será de 21 persoas.

- O alumno ocupará o lugar asignado e:


Non poderá mover o mobiliario (mesas, cadeiras, pufs…). Para facilitar a adquisición deste hábito procedeuse a sinalizar a ubicación destes elementos mediante marcas. 



No caso de que desexe ter acceso a algún fondo para consultar ou levar en préstamo, ser asesorado pola persoa encargada sobre algunha cuestión ou calquera outra necesidade coa que se atope, non abandonará o seu lugar sen a pertinente autorización.  



Tras autorización do docente responsable da biblioteca poderán consultar os fondos da mesma un máximo de dous alumnos á vez, sempre gardando as distancias de seguridade.
 

Dado que a Biblioteca está situada no edificio de primaria lémbrase que o alumnado da ESO non poderá facer uso de ningún dos baños de dito edificio.


USO DOS ORDENADORES

- Habilitáronse dous ordenadores que se dedicarán exclusivamente a tarefas académicas; non se permitirá xogar neles.

- Para utilizar a impresora pedirase permiso á persoa responsable da biblioteca.

- No caso de que se queiran utilizar auriculares deberase facer uso dos propios.



SERVIZO DE PRÉSTAMO

- O usuario que desexe levar fondos en empréstito pedirá permiso para achegarse ao ordenador de xestión, respectando en todo momento a marca que indica a distancia de seguridade, e deberá proporcionar o número de carné da biblioteca asignado así como o número de rexistro do libro, DV

                                 

- Cando se realice a devolución, o alumnado volverá a indicar o seu número de carné e de rexistro do empréstito. Posteriormente depositará o préstamo nunha caixa na que permanecerá un mínimo de 24 horas ata ser colocado novamente no lugar correspondente.

MEDIDAS DE HIXIENE

- Teranse as ventás e porta abertas o maior do tempo posible. En todo caso, seguirase o protocolo do centro a este respecto.

- A ventilación do espazo e a limpeza dos distintos espazos, mobiliario, ordenadores…, será función da persoa responsable de biblioteca exclusivamente.

- Uso obrigatorio do xel desinfectante á entrada e saída para todas as persoas usuarias da biblioteca.

INFANTIL E PRIMARIA

No caso de Primaria decidiuse asignar un día da semana a cada curso, dende 3º a 6º (ambos inclusive).

Estes mesmos cursos, así como Infantil e 1º e 2º de Primaria, terán á súa disposición unha sesión semanal en horario lectivo. Será o titor ou titora quen a xestione.

As quendas nas horas de lecer serán:

Luns: 3º Martes: 4º Mércores: 5º Xoves: 6º

Está por determinar o grupo ao que se lle asignará a sesión de lecer do venres, posto que se decidiu que se ofrecerá a aquel que amose un maior interese no uso da biblioteca.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas