24.6.22

CLUB DE LECTURA: ATA PRONTO

 

Na nosa lingua  distinguimos entre último e derradeiro.
E  por se vos preguntades cal é a razón deste apuntamento lingüístico despexaremos a  dúbida:
Facemos mención ás últimas (neste caso tamén derradeiras)  lecturas deste curso: Penúltimas tendencias e Makinaria, ambas de Carlos Negro. Como sempre un  éxito.
Tras lelas compuxemos  acrósticos xogando cos versos destes libros e os nomes de cada un e cada unha.
As obras chamaron a atención do resto  da clase, que se sumou á lectura e composición poética, así como á realización dunha recreación das portadas.

Tamén son os últimos días que estamos a pasar con Fátima, xa que marcha. Pero  o alumnado e profesorado desexamos que non sexa a derradeira  ocasión que a vexamos por aquí; esperamos que de vez en cando nos visite.
Para que non nos esqueza e leve consigo o noso nome e   cariño    as compañeiras de aula recompilamos os traballos realizados e dedicámosllos.
Desexámoslle todo o mellor.
 

Feliz verán a todas e todos!

 





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas