Un libro por descubrir: unha aventura por percorrer

15.12.25

CLUB DE LECTURA: BOAS FESTAS E FELICES LECTURAS

Estamos a piques de irnos de vacacións! E para estes días familia, amizades, visitas e libros son, coma sempre, unha inmellorable compañía.

Esta semana reunímonos e o tempo non nos chegou a nada...

Comezamos  realizando un achegamento á lectura elixida para segundo ciclo que xa acordaramos  nunha anterior xuntanza. A suxestión veu de man  de Hugo e Noemí, os que, cando se pediu que o alumnado  elixise unha historia  que  todos deberiamos ler,  non  dubidaron e  exclamaron: Invisible! 

Entrambos realizaron a presentación do autor e a obra, ademais de compartir con nós as súas sensacións durante a lectura.

Leron as breves liñas que recolle a contraportada. Deron xa para reflexionar...

                                    "¿Quién no ha deseado alguna vez 

                                                    ser invisible?

                                   ¿Quién no ha deseado alguna vez

                                                    dejar de serlo? 

 


 

Despois retomamos unha actividade  xa iniciada noutra sesión  na que  compartiramos  as nosas opinións sobre a obra Iridium.

A valoración que fixeramos fora positiva e mesmo houbo quen  sinalou como aspecto negativo que a lectura era demasiado curta. 

Reflexionouse sobre as dificultades coas que se atopan no seu día a día as persoas con diversidade funcional, neste caso DCA (dano cerebral adquirido), tanto no aspecto físico e mental  como  no momento de retomar  vellas relacións ou entablar outras novas.

Valoramos os comportamentos  daqueles que rodean a protagonista e fomos conscientes de que tamén nós, mesmo coa mellor das intencións, podemos actuar baseándonos en  estereotipos e tratando de xeito uniforme a persoas que, como non pode ser doutro xeito, seguen tendo a súa propia individualidade. 

Aconsellamos ver algunha das intervencións de Inés Rodríguez, unha rapaza  con parálise cerebral que traballa como logopedista, é divulgadora e que ten unha sección no programa "El Intermedio".

 

Durante a lectura fóronse apuntando frases ou ideas da historia que nos gustaron ou deron que pensar.

Recompiláronse, e Susana  López realizou unha presentación  acorde coas festas que  están á volta da esquina e coa que queremos desexarvos un moi bo Nadal.





E  se ben estamos de acordo coa última  reflexión non queremos irnos sen propoñer outras lecturas.

 

Verónica, antiga alumna do noso centro e coa que temos a sorte  de contar entre nós como docente durante unha temporada, acompañounos nesta actividade  e comentounos as súas experiencias como lectora e tamén cal foi a obra que na súa adolescencia contribuíu a introducila no mundo da literatura. 

Graciñas.


Vémonos o próximo ano!

 E nunca perdades a ilusión...



No hay comentarios:

11.11.25

CLUB DE LECTURA 2025-26


                        Ditosos os normais, 

                        eses seres estraños.

Este curso quixemos inaugurar o noso club cunha cita extraída da obra Iridium, porque ao igual que a literatura  ás veces reflicte realidades, ideas e principios nos que nos vemos reflectidos, noutras ocasións enfróntanos a mundos alleos aos nosos, cando non contrapostos.

Os libros teñen o poder de conseguir  que nos poñamos na pel dos demais e de que tomemos conciencia da multitude de condicionantes que inflúen no que cada un de nós somos. Quen le conta cun importante instrumento de achegamento á singularidade do ser humano.

Nas lecturas elixidas para este primeiro trimestre os protagonistas deben xestionar a súa realidade, ás veces adversa, ou ben crear unha alternativa máis satisfactoria ao que lles tocou vivir. Perseguen o que cada un de nós: acadar unha vida o máis plena posible.

En primeiro ciclo as obras elixidas son:



En segundo ciclo: 



Tamén se propuxeron as seguintes obras para aquel alumnado que desexe lelas a maiores.



Sara, alumna de 2º,  explicoulle a dinámica da actividade ao alumnado de 1º.


Para unha mellor comprensión da obra realizouse unha presentación  do escritor Ray Bradbury e a súa obra.



O alumnado de 2º ciclo coa obra Iridium.

 


 

Dámoslles a benvida tanto aos integrantes que xa teñen camiño percorrido nesta actividade como a aquelas e aqueles que se incorporaron recentemente. 

 

No hay comentarios:

25.6.25

CLUB DE LECTURA: TRENZAMOS HISTORIAS


Neste mes xuño levamos a cabo unha actividade que nos facía especial ilusión: que o alumnado do club de lectura de 2º ciclo da ESO e o de 5º de Primaria  compartísemos unha historia.

O primeiro paso foi elixir as obras.  Optamos  por A trenza de Laetitia Colombani en secundaria e a adaptación dunha das historias, que leva por título La trenza o el viaje de Lalita, para o alumnado de primaria. Este último trátase dun álbum ilustrado con deseños de Clémence Pollet.


 


O resultado da xuntanza non puido resultar mellor. 

Os rapaces e rapazas de 5º  contáronnos a historia  de  Lalita e Smita  dun xeito claro, colaborativo, dinámico, interesante...  Achegaron datos para nós descoñecidos sobre os dalits, os intocables,  casta á que pertencen as nosas dúas protagonista, constituída polos membros  máis pobres e discriminados da sociedade india.  Ademais, a inmensa maioría de persoas que nacen dalit nunca saen desta condición. 

O alumnado de segundo ciclo comentou  algúns dos  aspectos que se tratan a maiores na versión que eles e elas leron. E tamén as razóns principais do título da obra: A trenza. Porque na súa lectura, xunto coa historia de Smita, intercálanse a de Giulia, en Italia, que descobre que a fábrica de perrucas do seu pai está a piques de quebrar, e a de Shara, en Canadá, que ve como a súa exitosa carreira como avogada se trunca de repente.

 


 
 
 


Rematou a  actividade co firme propósito de realizar outras actividades en común.

Así que nos despedimos cun doce:  ATA PRONTO! 

No hay comentarios:

17.6.25

CLUB DE LECTURA: ENCETANDO LIBROS

 

Como xa se achegan as vacacións o noso club de lectura desexa compartir con vós o comezo das obras que puxemos en común neste curso en 2º ciclo. 

Ademais das catro ás que fixemos mención nas súas respectivas entradas,  queremos achegarvos outros títulos que tamén  foron lidos por algúns de nós e que se comentaron de xeito  máis informal.

Para que vaiades abrindo boca, nós encetámolos.


No hay comentarios:

9.6.25

Samaín 24

 Un curso máis realizamos unha actividade global que xira en torno ao Samaín.

Nesta ocasión o punto de partida foron  historias clásicas de corte gótico e de ciencia ficción.

Velaquí as  obras  nas que nos baseamos.










Como xa mencionamos, tratouse dunha actividade interdisciplinar. Varios foron os departamentos que colaboraron en realizar a adaptación teatral de cada un destes títulos.

O alumnado invitado accedeu ás representación  presentando a súa entrada.



 






Presentamos o vídeo que recolle as distintas actuacións.

No hay comentarios:
Entradas antiguas Inicio
Suscribirse a: Comentarios (Atom)
Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas

Seguidores

Bibliotecas escolares

Bibliotecas escolares
Accede ao seu blog
  • E-BOOKS

Etiquetas

  • Actividades (134)
  • Bibliotecas escolares (100)
  • Animación á lectura (68)
  • fomento á lectura (46)
  • Actividade (35)
  • club de lectura (33)
  • Biblioteca (27)
  • Bibliotecas (24)
  • videos (24)
  • Música (22)
  • libros (21)
  • Xerais (20)
  • Letras Galegas (19)
  • lecturas (17)
  • Samaín (15)
  • Contos (14)
  • Entroido (14)
  • Nadal (14)
  • fondos (14)
  • Arte (13)
  • Infantil (12)
  • Primaria (12)
  • Teatro (12)
  • Acurta pola Biblio (11)
  • canta e non chores (11)
  • Artes gráficas (9)
  • Cómic (9)
  • novos fondos (9)
  • Escritores (8)
  • Exposición (8)
  • Fomento á lectura. (8)
  • xogo de pistas (8)
  • diversidade (7)
  • mochilas viaxeiras (7)
  • Historia (6)
  • Recursos (6)
  • Suxestións (6)
  • Traballos (6)
  • Apalpador (5)
  • Historia; Tecnoloxía (5)
  • Material de apoio (5)
  • ciencia (5)
  • novidades (5)
  • valores (5)
  • Día da muller (4)
  • Día do libro (4)
  • Emocións (4)
  • Tecnoloxía (4)
  • cine (4)
  • inglés (4)
  • poesía (4)
  • A prol do galego (3)
  • Contacontos (3)
  • Debuxo (3)
  • Fomento á lectura. libros (3)
  • Investigación (3)
  • Matemáticas (3)
  • San Valentín (3)
  • agasallos (3)
  • club de lectura. (3)
  • lendas (3)
  • xogos (3)
  • CAAP (2)
  • Contadas (2)
  • Día da paz (2)
  • Escrita (2)
  • Fotografía (2)
  • Iago López (2)
  • Igaciencia (2)
  • Ilustración (2)
  • Magosto (2)
  • Marcapáxinas (2)
  • Obradoiro (2)
  • Saúde (2)
  • TIC (2)
  • club de lectura de adultos (2)
  • colaboradores (2)
  • ebooks (2)
  • educación (2)
  • globalización (2)
  • igualdade (2)
  • literatura clásica (2)
  • orientación (2)
  • podcast (2)
  • química (2)
  • roteiro (2)
  • 3º ESO (1)
  • 4º ESO (1)
  • 8 de marzo (1)
  • Agatha Christie (1)
  • Alfonso Díez (1)
  • Allariz (1)
  • Animais (1)
  • As confesións de Carlota Doyle (1)
  • Asociación Antonio Gandoi (1)
  • Autorretrato (1)
  • Bauhaus (1)
  • Baía Edicións (1)
  • Busca de información. (1)
  • Cabazas (1)
  • Cabazas. Conxuro (1)
  • Cabazas. Teatro (1)
  • Capaces (1)
  • Carballo vivo (1)
  • Carlos Negro (1)
  • Cartas (1)
  • Casiopea (1)
  • Charla (1)
  • Ciencia Kids (1)
  • Claude Monet (1)
  • Cogami (1)
  • Conmemoracións (1)
  • Contos Terroríficos (1)
  • Coplas (1)
  • Corpo humano (1)
  • Cova da Serpe (1)
  • Cpi Castroverde (1)
  • Dawn (1)
  • Diálogos interxeneracional (1)
  • Dune (1)
  • Dune 2 (1)
  • Día internacional da muller (1)
  • Eventos (1)
  • Florencio Delgado Gurriagán (1)
  • Formación de usuario (1)
  • Francés (1)
  • Friol (1)
  • Galego (1)
  • Galicia Le (1)
  • Intercambios Club de Lectura (1)
  • Jacobo Fernández (1)
  • Jesús Trashorras (1)
  • Kiko Da Silva (1)
  • Lectura (1)
  • Ledicia Costas (1)
  • León Tolstói (1)
  • Libros de terror (1)
  • Lingua Galega (1)
  • Lugo (1)
  • Lúa (1)
  • Maisqueteatro (1)
  • Manuel María (1)
  • Marcopola (1)
  • Maxia (1)
  • Mesquita (1)
  • Misterio (1)
  • Mitoloxía (1)
  • Modernismo (1)
  • Mondoñedo (1)
  • Máis ca vida (1)
  • Núñez Singala (1)
  • O Principiño (1)
  • O achado do castro (1)
  • O cociñeiro Martiño (1)
  • O señor Ibrahin e as flores do Corán (1)
  • O silencio do orballo (1)
  • ONCE (1)
  • Olga Novo (1)
  • Orientacón (1)
  • Patrimonio histórico (1)
  • Patrimonio natural (1)
  • Penúltimas tendencias (1)
  • Plástica (1)
  • Prensa (1)
  • Raquel Queizás (1)
  • Recinto Gris (1)
  • Refuxiados (1)
  • Robótica (1)
  • Rubén Riós (1)
  • Ruta literaria (1)
  • SEMGAL (1)
  • Santiago de Compostela (1)
  • Sherman Alexie (1)
  • Tasane (1)
  • Tintimán (1)
  • Torre de Caldaloba (1)
  • Torre de San Paio de Narla (1)
  • Tv (1)
  • Vídeo (1)
  • Xela Arias (1)
  • Xornal (1)
  • Xúpiter (1)
  • aceites esenciales (1)
  • actividade plástica (1)
  • adaptacións de textos (1)
  • aniversario (1)
  • arco (1)
  • arte islámico (1)
  • artesanía (1)
  • astronomía (1)
  • autismo (1)
  • autorretratos (1)
  • banda deseñada (1)
  • barroco (1)
  • bioloxía (1)
  • cartelismo (1)
  • celos (1)
  • citas literarias (1)
  • conferencia (1)
  • coordinación (1)
  • curtametraxes (1)
  • códigos QR (1)
  • electricidade (1)
  • excursión (1)
  • experimentos (1)
  • exposiciones (1)
  • gifs (1)
  • google maps (1)
  • humor (1)
  • idadismo (1)
  • inclusión (1)
  • laboratorio (1)
  • lusofonía (1)
  • luz (1)
  • manga (1)
  • mesquita de Córdoba (1)
  • narrativa (1)
  • novela (1)
  • obradoiro de escrita (1)
  • paisaxe (1)
  • pintura (1)
  • planetario (1)
  • plano (1)
  • poliedros (1)
  • polos creativos (1)
  • premios (1)
  • presentación (1)
  • protocolo covid (1)
  • racionalista (1)
  • radio (1)
  • recitado (1)
  • scape room (1)
  • secundaria (1)
  • stop motion (1)
  • terceira idade. (1)
  • tipografía (1)
  • topnimía galega (1)
  • tradición oral (1)
  • tratamento da información. (1)
  • traxe tradicional (1)
  • visita (1)
  • xeometría (1)
  • xoguetes (1)
  • xuntanza centros escolares (1)
  • xuvenil (1)
  • Ánxela Gracián (1)
  • Áreas (1)

Entra na nosa biblioteca e...

Entra na nosa biblioteca e...
na Rede de Bibliotecas de Galicia

Blogs do noso centro

  • Friol: Algo máis que pan e queixo...
    2025: Ano Castelao
    Hace 1 año
  • Será por lingua...!
    Letras Galegas 2016
    Hace 9 años
  • Novos e Vellos no Campo da Feira
    Punto final...
    Hace 10 años

Paga a pena visitalos

  • Ponte Vella
    Consello para un futuro mellor -
    Hace 20 horas
  • Bibliocabe
    25 N Sinais de alerta - Este ano, no IES Río Cabe, conmemoramos o 25N visbilizando frases tóxicas, enunciados que se poden escoitar nunha relación e ante os que deben saltar to...
    Hace 1 mes
  • A Caracola tola
    E volven os biblio- recreos! - Tras o éxito noutros cursos recuperamos os biblio- recreos. Nestes o alumnado escolle a alternativa que máis lles gusta para realizar no seu tempo de lec...
    Hace 1 año
  • Historias de Icía e Avoa
    Bo Nadal -
    Hace 2 años
  • A VACALOURA
    CLUB DE LECTURA "LECTO@S DA ULLOA" - *En decembro e xaneiro lemos dúas novelas que recomendamos porque nos gustaron moito.* *Trátase de A trenza, de Laetitia Colombani e Golpes de luz, de L...
    Hace 2 años
  • BIBLIOTECA COLEXIO DE CERVO
    O NOSO PROGRAMA DE RADIO: " A MARIÑA LUCENSE, COMO MOLA A NOSA XENTE" - Ola a todos e todas! Como o prometido é débeda aquí vos traemos o noso programa de radio "* A MARIÑA LUCENSE, COMO MOLA A NOSA XENTE!* dende a emisora...
    Hace 4 años
  • Hora de ler
    Booktubers Librionesxs - Na biblioteca escolar d*o IES de Brión* o alumnado do *club de lectura* fala sobre libros e comparte as súas lecturas a través do vídeo e da radio. ...
    Hace 6 años
  • Biblioteca Ollos Grandes
    Alfabetización mediática e informacional -
    Hace 6 años
  • Literatura infantil y juvenil actual
    Los Futbolísimos, el fenómeno - Los Futbolísimos, las novelas de fútbol y misterio de Roberto Santiago, son uno de los fenómenos editoriales más importantes de los últimos años. Tiene m...
    Hace 7 años
  • Unha lagoa de libros
    SEMANA DO LIBRO - O Departamento de Lingua Castelá e Literatura fixo entrega dos premios do Certame Literario convocado con motivo da Semana do Libro. Os gañadores foron:
    Hace 7 años

Recursos na rede

  • Biblioteca Dixital Mundial
  • Dicionario de Galego
  • El blog de NoSoloMates
  • Familia e saúde
  • Galicia Encantada
  • Intelixencia emocional
  • Mapas interactivos
  • Mati y sus mateaventuras
  • Ortografía do Galego
  • Para todos os niveis e materias
  • Tradutor
  • Vocabulario da Lingua
  • ZonaClic

Xogos para infantil e primaria

  • Diversidade
  • Diversidade
  • Trivial educativo
  • SuperSaber
  • Manexo do rato con música e cores
  • Vedoque. Varios
  • Childtopía. Varios
  • Childtopía. Comprensión oral e escrita
  • Xogos con estética

Xogos para secundaria

  • Memoria, lóxica, observación, solitarios
  • Los flash de Sergiov
  • Trivial educativo


Blog da Biblioteca do C.P.I. Dr. López Suárez. Friol

Tema Sencillo. Con la tecnología de Blogger.