Blog da Biblioteca do C.P.I. Dr. López Suárez. Friol

1.12.09

Deixémonos de dindirindainas...!

O próximo día 18 ás 12 e media da mañá, no Centro Sociocultural do Concello, terá lugar a representación "Deixémonos de dindirindainas...!" a cargo do grupo de teatro "Algo máis que pan e queixo".
Desta vez, e a xeito de contacontos presentamos unha obra áxil, actual e directa, bañada toda ela con boas pingas de humor. Para que a mestura saia no seu punto aproveitaremos a música do saxofonista Iago Castiñeiras, que interpretará algunha composición como toque melódico da obra.
O grupo , agás dúas baixas , segue contando coas mesmas actrices do curso pasado; a maiores, temos dúas incorporacións ,que non dubidamos han manter o nivel interpretativo acadado polo conxunto o pasado ano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas