16.12.09

O Apalpador

Estes últimos anos estamos asistindo á progresiva recuperación dun personaxe, O Apalpador, que , segundo conta a tradición, baixaba en tempos, das montañas do Courel a noite de ano vello para visitar as casas onde houbese rapazada.
Nesta visita comprobaba que os rapaces comeran dabondo ao longo do ano. Para iso apalpáballes a barriga; deixando unha presadiña de castañas, na cabeceira do leito e mesmo ás veces algunha peza entallada de madeira que el mesmo confeccionaba ao longo do ano. A actividade de entallador só a deixaba no tempo de ir soutar para ter castañas de abondo para as súas visitas.
Aquí deixamos unha publicación elaborada polo CEIP Alexandre Bóveda ao que lle agradecemos a súa publicación

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas