Como o Día da Paz , este ano coincide sábado, o Centro decidiu realizar a celebración desta data, hoxe venres.
Como remate das actividades que se desenvolveron ao longo da semana,os alumnos de tódolos niveis saíron ao patio e ao compás das frautas e xilófonos dos alumnos de Primaria, cantamos o "Himno da Alegría", despregando pancartas, mans, pombas e mesmo máscaras sorrintes alusivas á data.
A celebración do Día da Paz, debe facernos reflexionar sobre a cantidade de inxustizas e desigualdades que hai no noso mundo e que, non por casualidade, fanse máis visibles nos países menos desenvolvidos.
Asemade debería reflectir tamén un posicionamento claro cara a procura da resolución dos conflitos pola vía pacífica. E cando falamos de conflitos , non só pensamos nos bélicos, que tamén , senón que nos queremos referir a aquelas pequenas desavinzas que xorden na vida diaria e que ás veces xeran situacións de difícil saída, cando se empregasemos o diálogo e a negociación, moitos destes pequenos desencontros terían doada solución.
No hay comentarios:
Publicar un comentario