4.2.10

Entroido 2010. Quecendo motores

Chega o tempo do Entroido, tempo de diversión e transgresión -dentro dunha orde--. As máquinas xa están traballando na confección do meco deste ano, das coplas e das actividades a desenvolver ao longo da próxima semana.
Avisar que o luns día 8 aconséllase vir con gravata, pucho e un lunar vermello na meixela esquerda.  
Desde o blog da biblioteca sumámonos á festa cunhas coplas irreverentes e esperamos divertidas.
Se algún de vós ten outras facédeas chegar que volas publicamos.
Estas son as nosas:


Achégase o tempo do Entroido,
é tempo de diversión
esperamos que este ano
poidamos comer lacón.

Eu ben sei que hai algún profe
ao que lle gustan as coplas.
Se me deixase tranquilo 
e non me fixese mofa!

A estrada de Friol a Palas
está feita un adefesio
vas no coche pisas freo
e apareces nun cortello

Este ano sei que si
as rapazas do teatro
por fin dixeron que al fin
na escena sae un gato

E ben sei que ese papel
é un papel apropiado
para quen fixo de serpe
na obra do ano pasado

Algunha xa se mancou
*pra facer de home tolleito
só lle falta preparar
os cantares do trobeiro

Eu non quero nin de lonxe
facer de dama agraviada
quero ser unha princesa
que vaia ben 'tuneada'

Unha actriz vaise marchar
deixaranos moi tristeiros
non lle veremos o pelo
no que se di un ano enteiro

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas