Como nos gusta andar enleados, e vendo que hai "profas" animosas; ofertóuselle aos rapaces de Secundaria a actividade que no título indicamos. Como parece que é a tónica dominante, foron as rapazas as máis decididas e formamos un pequeno grupo, do que esperamos --seguro que si-- que xermolen os alicerces para unha futura Agrupación de Cantareiras.
A actividade ímola desenvolver todos os luns e comezamos, por ser data sinalada, este vindeiro día 8 de marzo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario