15.4.10

Abril: Libros mil

Neste mes estanse a desenvolver no Centro, unha serie de actividades que pretenden animar aos nosos alumnos a gozar da lectura. 
Que o título do blog da biblioteca sexa "Un libro por descubrir: unha aventura por percorrer" deixa ás claras o que pensamos desta ferramenta, como fonte de descubremento de novas aventuras, novos mundos, diferentes formas de entender a vida, diversas canles para expresar emocións,...
Este perfil lúdico que nos permite crear historias a partir de historias e poder introducirnos na pel  dos personaxes da lectura e viaxar canda eles entre as páxinas da múltiple oferta literaria da que hoxe en día dispomos na nosa biblioteca.
Dentro destas actividades, xa podemos ver a exposición de caligramas e libros abertos que os alumnos de E.S.O. teñen colocados no corredor de Secundaria.
Ao tempo estamos investigando sobre as lecturas que len, leron  e recomendan os nosos profes. Mesmo haberá unha especie de quiniela con premio para aquel que atine co que len os seus profesores. Todo un reto.
Nas seguintes entradas deixaremos fotografías  destas actividades.
A pasalo ben 
lendo a todo tren    

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas