21.4.10

Adiviña quen le que?

Dentro das actividades relacionadas co Día do Libro estamos en pleno desenvolvemento da titulada "Quen le que ?"
Os profesores de E.S.O. contestaron a unha enquisa na que se lles pediu que dixesen que libro están lendo na actualidade, que libro lían na súa mocidade e que libro lle recomendarían aos seus alumnos. Deixamos aquí unha presentación coas 18 respostas recollidas.
Agora trátase de facer unha especie de "quiniela" na que cada un de nós trate de adiviñar a que profesor ou profesora corresponden as lecturas que se recolleron como resposta.
Quen adiviñe todas, ou aquel que dea máis respostas acertadas, levará un premio. E podémosvos asegurar que vai ser un bo premio.
Sorte
  

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas