24.4.10

"Follas Novas. Novas Follas".

Aproveitando a celebración do Día da Poesía ( 21 de marzo) e do Día do Libro,celebrado onte, a Rede Museística de Lugo programou a actividade que baixo o título "Rosalía de Castro: Follas Novas. Novas Follas" pretendía achegar aos máis novos o mundo da poesía --tan afastada, inxustamente, da primeira liña na actualidade-- , aproveitando tamén o estarmos no "Ano Internacional do achegamento entre culturas" e realizáronse nalgúns centros escolares da provincia pequenas actividades que tiveron como remate a realización dunha viaxe -onte-- á casa de Rosalía de Castro.
A nós colleunos inicialmente por sorpresa, pero fixemos un oco en 1º de E.S.O. e participamos na actividade. Ao final foron unha representación da clase, xunto con outros alumnos do Centro que participaron nos obradoiros da Torre de San Paio.
Polo que sabemos a actividade foi exitosa e estamos á espera de que os rapaces desprazados ata Padrón nos relaten as súas impresións.
Só queda felicitar ás promotoras da idea e ás persoas que con elas colaboraron.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas