13.2.12

O Entroido xa está aquí

Ola a todos e todas:
Como xa sabedes esta semana estamos xa no medio e medio do Entroido, e así cada día debemos traer un elemento decorativo na nosa indumentaria alusivo á festa e que xa está marcado previamente.
Hoxe luns temos que virmos cun sombreiro, pucha ou tocado, e xa á primeira hora pódense ver polo centro, algunhas cabezas tocadas co citado complemento.
Lembrar que mañá debemos traer un colar, o mércores zapatos diferentes, e o xoves vir coas tres cousas.
Colgamos esta fotografía a modo de exemplo e se queredes velas todas, podededes acceder á galería do CPI cando habilitemos este enlace.

Un saúdo e bo Entroido !

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas