Tras dúas semanas de preparación, celebramos o 8 de Marzo. Baseándonos no magnífico documental de Claudia Brenlla, decidimos facer unha homenaxe ás mulleres rurais, escollendo como símbolo a bata de traballo. Alumnado e profesorado participaron nesta xornada, na que moitos e moitas se animaron a lucir esta prenda. Leuse algunha historia das mulleres donas destas batas, abrimos unha caixa de tesouros con obxectos simbólicos, vimos un video elaborado polo alumnado de 1º de ESO... e todos e todas disfrutamos dun acto conxunto. Para rematar,o alumnado de primaria asistíu á charla ofrecida por Concha Blanco, veciña de Friol e coñecedora da realidade do concello, e o alumnado de secundaria seguíu con notable interese a charla que Isabel Vilalba ofreceu no Centro Sociocultural de Friol.
Aquí vos deixamos dúas presentacións coas diferentes actividades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario