20.3.12

Unha viaxe ó pasado

Hoxe tivemos excursión co alumnado de 1º de ESO. Visitamos a exposición Romanorum Vita, na que o noso alumnado deixou o listón moi alto: tanto polo comportamento, actitude, interese e os coñecementos previos. Tanto é así, que a nosa guía felicitounos e asegurou que, polo de agora, foi o mellor de tódolos grupos ós que atendeu, que xa foron moitos. A verdade é que así, dá gusto: todo un estímulo para seguir contando con vós.
Completamos a xornada visitando a piscina romana da Praza de Santa María, a catedral (na que fixeron un xogo de busca do tesouro), percorrimos o adarve completo da muralla, e rematamos na Casa das Batitales.
Para nós, a xornada non puido ser máis satisfactoria.
Grazas e parabéns ás rapazas e rapaces de 1º de ESO. Non cambiedes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas