O pasado día 8 visitamos a cidade de Santiago! Fomos acompañados por Modesto e Nazaré. Pola mañá, ó chegar, fomos visitar o Museo de Arte Contemporáneo, onde vimos unhas obras modernas e innovadoras, do mundo actual. Despois dispuxémonos a dar unha volta pola cidade, para ver as prazas máis representativas, pero o certo foi que o tempo non nos acompañou moito, polo que fomos comer a Área Central, un centro comercial próximo á cidade, onde pasamos arredor de dúas horas. Xa por último visitamos o Gaias, para ver a Cidade da Cultura. Aínda non está acabado pero é impresionante, tanto as súas formas como as esculturas e espazos que ten. Foi un día moi divertido, que esperamos que pronto se repita!
4ºESO
No hay comentarios:
Publicar un comentario