Sen dúbida, Internet revolucionou as nosas vidas, a nosa forma de pensar, de procesar, de traballar... e incluso de socializar. Pero cara onde vai esta revolución da información libre, é aínda difícil de calibrar. Ó mellor por iso, nalgúns medios dá medo e intentan poñerlle couto e "regulalo" (?). Non é a primeira vez que isto acontece na historia: pasou co nacemento da imprenta, censurouse a enciclopedia... e agora de novo aparecen cortapisas que difícilmente terán éxito. A terceira revolución industrial (que xa non é industrial) é imparable. O certo é que sempre foi vista con desconfianza e temor a democratización da cultura. Por que será? Non é difícil chegar a unha conclusión.
Con motivo da celebración desta data, o alumnado de 4º de ESO, dirixido polo Departamento de Plástica, elaborou un traballo de disección dun ordenador para recoñecer os seus compoñentes e utilidades. As pezas foron expostas no corredor, e como se se tratase dun mecano desmontado, cada peza tiña un protagonismo propio e unha utilidade por descubrir.
Este é o video do traballo xa feito e das conclusións. Parabéns ós participantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario