Na última semana de Novembro celebramos a inauguración "oficial" da nosa biblioteca (se ben xa estaba funcional, aínda que con moito traballo por rematar). Decidimos facer un conxunto de actividades adaptadas a cada nivel educativo co obxectivo de que o alumnado se familiarizase co funcionamento da biblioteca: criterios de colocación dos libros (seguindo o programa Meiga), aprender a manexar glosarios, índices de diferentes tipos, temáticas... E sobre todo, pretendíamos unha inmersión na aventura dos libros, e que o alumnado vise que un libro é unha ventá aberta a outro libro nunha viaxe infinita.
Para o alumnado máis novo fixemos unha acollida multisensorial (música, imaxes, texturas) que lles permitise ver a biblioteca como un lugar agradable onde estar e descubrir tesouros (atopar personaxes recoñecidos nos contos).
Deixamos unha presentación sobre a actividade, da que pensamos que foi un rotundo éxito pola aprendizaxe que supuxo no manexo de libros, na súa colocación, e sobre todo... polo gozo. Pensamos que habería que repetir experiencias tan enriquecedoras como esta e facer partícipe a TODA a comunidade educativa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario