Blog da Biblioteca do C.P.I. Dr. López Suárez. Friol

1.7.12

Xornada de convivencia, 28 de Xuño

O pasado xoves, un grupo de profesoras e profesores fomos de excursión por Friol. O noso obxectivo era coñecer mellor o concello no que traballamos e pasalo ben. Quédanos moito por ver, polo que retomaremos a actividade en sucesivas ocasións. Fixemos xogos de pistas e desde logo, o listón quedou alto: ninguén se perdeu e resolvéronse os enigmas propostos. Neste enlace podedes acceder a máis información froito deste traballo. Aquí tedes unha presentación da actividade. Felices vacacións.

1 comentario:

  1. M.Carmen2/7/12 10:41

    Felicito as organizadoras da saída ,foi una idea xenial.
    Espero que sigan tendo ganas para o próximo ano e repitan a experiencia.
    Felices vacacións.
    M.Carmen

    ResponderEliminar

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas