1ª PROBA PREPARATORIA DE CAMPO A TRAVÉS. MONFORTE
O día 13 de Xaneiro de 2013 quedará no histórico do colexio como o debut oficial do Equipo de Atletismo do CPI Dr. López Suárez de Friol nunha competición. Ata 30 chavales se desplazaron ata Monforte para participar neste primer evento, que esperemos, sexa o comenzo dunha longa traxectoria deste deporte no pobo e na comarca de Friol a través do centro educativo.
Ademáis, para ser o primeiro contacto co ámbito competitivo, os nenos e nenas de Friol obtiveron uns destacados resultados.
Así, na categoría benxamín femenino Molly Jane Merchant lograba a terceira posición da carreira e, polo tanto, subía ó podium. Igualmente, o seu compañeiro de equipo David Fariñas foi terceiro na carreira dos nenos.
No que respecta a categoría alevín, victoria para Christian Santos e terceiro posto para Noel Villarábide, mentras que na carreira das nenas era Vanesa Blanco a máis destacada, logrando a segunda posición do podium
Xa na categoría infantil, no apartado femenino, María Carballido tamén lograba a victoria nesta proba, mentras que Adil Louassini e Jesús Cabado eran segundo e terceiro respectivamente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario