31.1.13

CONFERENCIA IRMÁNS VALLEJO EN FRIOL


O mércores, 19 de decembro de 2012, celebrouse no Centro Sociocultural de Friol a conferencia dos actuais subcampeóns de Rallies, os irmáns Vallejo. A súa charla versou sobre "O deporte de élite e valores sociais". Este evento estivo organizado conxuntamente polo CPI Dr. López Suáres e o Concello de Friol. Tanto Sergio como Diego Vallejo comunicáronlles ós numerosos asistentes ó acto os valores inherentes a calquera deportista de alto rendemento. Valores como traballo, esforzo, disciplina e planificación foron nomeados con moita frecuencia por estes dous grandes deportistas, que fixeron as delicias entre os chavales e chavalas por saber transmitir estes valores con total cercanía e humildade.
Desde o Centro Educativo damos unha gran importancia a estes valores, que non só se deben reflictir no ámbito do deporte, pero tamén na vida escolar e familiar.
No acto tamén estiveron acompañados por D. Álvaro Louro, Director Deportivo do equipo Vallejo Racing, quen fixo as veces de moderador do acto.
En difinitiva, valoramos desde o Centro este acto como un gran éxito pedagóxico e totalmente aproveitable para o alumnado ó cal iba dirixido.
(Información e foto: Felipo Barata)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas