10.3.13

Celebramos o Entroido

Panos, gafas vistosas e perrucas decentes (ou outros elementos decorativos para a cabeza). Estes foron os mandados que o Equipo Directivo, organizador da Semana do Entroido 2013, mandou sucesivamente e acumulativamente para os tres primeiros días da semana. O día de Xúpiter, descanso. O venres tiveron lugar os defiles de disfraces, tendo como tema dos mesmos os diferentes estilos musicais: os pequenos cowboys de Infantil, música country ; 1º Ciclo de Primaria, ritmos caribeños; Hip-Hop e Break Dance para os B-Boys de 2º Ciclo de Primaria; 3º Ciclo de Primaria, a forza do Rock; en 1º de ESO inclináronse polo Pop; Ballet clásico-romántico en 2º de ESO; Mix Pop clásico - Rap, en 3º de ESO e Rap en 4º de ESO.
O traballo de alumnos e alumnas, de profes e organizadores reverteu nun acto brillante, vistoso, bonito e cálido.
O remate púxoo a queima do Meco, obra fermosa e efémera de Modesto, da que, en poucos segundos, as lapas non deixaron moito máis ca un puñado de cinzas e unha mensaxe: Memento homo quia pulvis es et in pulverem reverteris.


Fotos: Eva Gómez, Teresa Blanco e Nemesio Gutiérrez

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas