EXCURSIÓN A CORUÑA
O día 28 de
febreiro, os alumnos de terceiro e cuarto
da ESO fomos ó Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa para ver
unha exposición do artista Daniel Canogar titulada Quadratura. Nesta
ocasión o artista móstranos unha serie de instalacións feitas con
materiais de refugallo que teñen que ver co mundo do audivisual,
CDs, cableado, película de celuloide, etc. Na
total oscuridade das salas asistimos a distintas proxeccións sobre
os materiais estratexicamente dispostos. As
luces daban movemento ás pezas ademáis de gran espectacularidade.
Despois fixemos un taller de 3D onde nos ensinaron como facer unha
película en tres dimensións de forma caseira. Unha exposición
estupenda que recomendamos e como adianto podedes ver ….
Informción: Modesto Fernández
No hay comentarios:
Publicar un comentario