24.4.13

Semana da prensa

A segunda semana de marzo foi a semana da prensa, unha boa excusa para facer unha actividade relacionada coa prensa, que fose á vez creativa e que invitase a reflexionar sobre o traballo que hai detrás da prensa escrita. Desde o equipo da biblioteca, propuxéronse diferentes traballos adaptados a cada nivel educativo, e nos que contamos coa colaboración de todo o profesorado. Cada grupo fixo unha selección dunha noticia da que se recorta a foto sobre a que traballará outro grupo que ningunha información previa ten da foto que recibe. O obxectivo do traballo é, que a partir da imaxe, intúan a que área xeográfica pertence, e cal pode ser a súa mensaxe. Na actividade, fíxose tamén unha análise do deseño da páxina, do contido e intencionalidade da fotografía sobre a que cada grupo traballa, e finalmente, unha exposición na biblioteca coas noticias seleccionadas, para comparar a noticia orixinal co traballo feito por cada grupo. Houbo resultados sorprendentes que deron moito para reflexionar: a escaseza de noticias sobre continentes esquecidos (África), o predominio de imaxes de homes fronte ás de mulleres, ou prexuicios que aínda seguen presentes na sociedade e que nos predispoñen a interpretacións erróneas.
De momento, ofrecemos un video coas actividades feitas polos grupos da ESO. En sucesivas entradas, veredes os traballos feitos en Primaria e Infantil.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas