O pasado 5 de marzo, o alumnado de 4º da ESO e unha pequena representación de 2º, vivíu unha mañá de convivencia co alumnado de 4º da ESO de Guitiriz. Os anfitrións non o poideron facer mellor. O alumnado de Guitiriz guiou ó de Friol para coñecer o centro e coñecerse entre eles. E desde logo, debeu ser unha acollida impecable a xulgar pola boa impresión que causaron. O mesmo podemos dicir as profesoras de Friol da acollida brindada polo profesorado de Guitiriz.
A xornada, de sabor festivo, completouse cun precioso acto na que o alumnado leu poemas, escoitamos música, actuaron as nosas pandereteiras e monologuistas, e de todo disfrutamos.
O curso que vén, algún e algunha, será alumno en Guitiriz. Non pode ser mellor sinal do éxito da xornada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario