12.2.14

Acurta pola biblio

Hoxe continuamos co ciclo de curtas e aproveitamos a entrega dos premios Goya hai uns días para nos achegar ó mundo da interpretación.Memoria , improvisación, xestualidade, contención, introspección e transferencia, dicción ... entran en xogo para que todo sexa crible e se convirta en arte. Traballo vocacional de moitas horas de entrega que fai do noso tempo de ocio un tempo non perdido. Esperamos que o pasedes ben con “Stanislavski”. A segunda curta ten como título “ Cultura” e propón a visión que teñen algúns sobre a xente que se dedica a este mundo. Mitin fascista (que separa)e música (que une)mestúranse para crear unha obra que nos dá pe á reflexión. Repetimos o mércores que vén.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas