26.2.14

Centenario do nacemento de Díaz Castro

Un ano máis, o noso alumnado de 4º de ESO visita o instituto de Guitiriz, pero neste caso fixémolo nunha data clave, o 19 de febreiro, coincidindo coa celebración do centenario do nacemento do poeta Díaz Castro (que este ano protagoniza o Día das Letras Galegas), o cal nos brindou a oportunidade de luxo de asistir aos actos que se fixeron na súa honra. Uns actos que sen dúbida, foron un goce colectivo, e nos que se aliaron a música e a poesía. Unha descrición pormenorizada do evento vola ofrece o propio centro de Guitiriz (premede aquí e aquí).


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas