9.4.14

Anxo Moure visita Friol: un luxo

O pasado mes de marzo, Anxo Moure foi convidado a vir á nosa biblioteca a pasar unha mañá cos máis peques do centro. Sabíamos que ía ser un éxito, e por suposto... non defraudou. Fixo as delicias de todo o público asistente (e non só dos peques). O agarimo co que interpretou, a vibración positiva que irradiou, e a humanidade da boa que lle saía do fondo... (todo iso e máis)... foi como se o anxo do sorriso pasase polo centro (que rematando o trimestre ven moi ben, para rebaixar). E non tedes máis que examinar as caras dos asistentes. Que ben o pasaron e que bo rollo houbo entre os peques. De repente... entendemento e alegría colectiva. 
Non... siiiiii...... (como decimos moito en Galicia), aínda vai ter que vir Anxo Moure a darnos un cursillo ós maiores.
Veña, que xa veñen vacacións. A desconectar!.


1 comentario:

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas