29.4.14

Exposición sobre a escrita


Chegamos á segunda fase do proxecto comezado no seu inicio cun obradoiro de caligrafía. Agora expoñemos o traballo de investigación feito por todo o alumnado do centro; evolución da escrita, historia e estudo dos diferentes alfabetos, tinturas, soportes e útiles. Todo isto acompañado da parte práctica que consistiu na realización de variados rótulos segundo a CDU.
 A grande cantidade de material creado obrigounos a estudar un sistema expositivo, xa de paso, permanente.Chega o momento de seleccionar algunhas, tarefa ben difícil pola cantidade e calidade, e comezar coa terceira e derradeira fase deste proxecto: crear  e instalar a sinalización dos fondos da biblioteca. Xa falta pouco!
Deixamos unha presentación da exposicón.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas