13.6.14

En catamarán polo Miño

A piques de rematar o curso, onte fixemos unha excursión en catamarán polo Miño. Foi o agasallo que o equipo de biblioteca decidíu dar a todas e todos os que voluntariamente colaboraron na biblioteca ou participaron no grupo de teatro. Dá gusto poder contar con xente coma vós, disposta a renunciar a algún recreo por facer que a nosa comunidade sexa unha comunidade viva da que presumir. Moitas grazas... e con forza para o curso que vén.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas