Blog da Biblioteca do C.P.I. Dr. López Suárez. Friol

5.1.15

O Apalpador visita Friol

O xoves 18 de decembro o Apalpador pasou pola biblioteca de Friol para contar os máis pequenos as marabillas da súa terra, O Caurel. Faloulles dos seus costumes, dos xoguetes que fai ca madeira, escoitaron o son das estrelas nun ceo de noites limpas e cantaron e bailaron unha canción con moito ritmo. O final deixou unhas buxainas  de reciclaxe para todos os asistentes. Esperamos verlle por  aquí para o ano que ven.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas