Blog da Biblioteca do C.P.I. Dr. López Suárez. Friol

5.1.15

O noso particular belén

O alumnado de 3º e parte de 4º  da ESO realizou  un atípico belén que resultou ben cómodo para máis de un. Despois dunha labor de investigación histórica sobre a evolución da sala de estar e unha serie de actividades plásticas que combinaron art bru, origami, modelado e instalación conseguiron un espazo confortable. Unha sala  case familiar onde dunha forma relaxada pero con grande carga crítica puidemos reflexionar sobre como vivimos o Nadal,  os medios e  espazos comúns de todos nós nestas datas. Podemos constatar que traballos como este, onde se involucran varios departamentos é unha modelo que se debe ter en conta. Parabéns ó traballo en grupo. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas