Blog da Biblioteca do C.P.I. Dr. López Suárez. Friol

26.4.15

Visita de Sabela Núñez Singala

E chegou Sabela! E trouxo unha maletiña chea de sorpresas!



Contounos un conto que era o soño de Xiana, que viña con ela, e que nos lembraba moito ao libro que léramos.  As nenas de 5º e 6º de Primaria e as rapazas do clube de lectura de 1º de ESO fixeron moitas preguntas: Como se lle ocorreu escribir ese libro?, Por que escolleu Ucraína?, Como pode gustarlle escribir se é profesora de Matemáticas? E ela fíxonos a nós outra pregunta:  Cal é o verdadeiro agasallo de Anya?.


E ademais, ensinounos grivnas, e contos escritos en ucraíno e a fardeliña de Anya, co seu diario, a carta da súa nai… Este foi o momento máis emocionante da charla.

 
E Sabela levou de Friol tamén un encargo: queremos a segunda parte do Agasallo de Anya.
Queremos que Anya veña a Galicia e se pode que nos faga unha visitiña por Friol!

Grazas Sabela!

1 comentario:

  1. Moitas grazas a vós. Canto gocei da vosa compañía!!!
    Foi estupendo e ata sinto que aprendín moitas cousas sobre Ucraína porque vós mas ensinastes coas vosas investigacións tan atinadas. Que interesante!
    Foi unha tarde xenial. Grazas e apertas para todos/as.

    ResponderEliminar

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas