E
chegou Sabela! E trouxo unha maletiña chea de sorpresas!
Contounos
un conto que era o soño de Xiana, que viña con ela, e que nos lembraba moito ao
libro que léramos. As nenas de 5º e 6º de Primaria e as rapazas do
clube de lectura de 1º de ESO fixeron moitas preguntas: Como se lle ocorreu
escribir ese libro?, Por que escolleu Ucraína?, Como pode gustarlle escribir se
é profesora de Matemáticas? E ela fíxonos a nós outra pregunta: Cal
é o verdadeiro agasallo de Anya?.
E
ademais, ensinounos grivnas, e contos escritos en ucraíno e a fardeliña de
Anya, co seu diario, a carta da súa nai… Este foi o momento máis emocionante da
charla.
E Sabela levou de Friol tamén un encargo: queremos a segunda parte do Agasallo de Anya.
Queremos
que Anya veña a Galicia e se pode que nos faga unha visitiña por Friol!
Grazas
Sabela!
Moitas grazas a vós. Canto gocei da vosa compañía!!!
ResponderEliminarFoi estupendo e ata sinto que aprendín moitas cousas sobre Ucraína porque vós mas ensinastes coas vosas investigacións tan atinadas. Que interesante!
Foi unha tarde xenial. Grazas e apertas para todos/as.