A biblioteca sacou durante dúas semanas de maio as últimas novidades adquiridas neste ano para facer unha exposición nos corredores de Infantil e Primaria. Puidemos ver cantidade de libros de diferentes
temáticas e un mural realizado polos alumnos de 3º da Eso. Foron algo máis de
tres centos libros mercados este ano e desde aquí damos grazas á comunidade
educativa por facer as suxestións que nos axudaron a dotar á biblioteca de
estes interesantes e atractivos libros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario