14.10.15

INICIAMOS AS PRIMEIRAS ACTIVIDADES DO CURSO

Desde o primeiro día do mes de outubro a Biblioteca ten abertas as súas portas e comezar así as actividades habituais de préstamo, asesoramento ao alumnado, servizo de busca de información  e como non, facer do espazo un lugar de encontros múltiples e produtivos. Contamos desde o principio con colaborador@s que repiten con nós nesta andaina pero tamén con incorporacións novas. Agradecementos pola súa labor, xa que é vital para o bo funcionamento da Biblioteca! 


Tamén queremos dar a benvida aos novos compoñentes do equipo; a Cristina Domínguez e Antonio Ulla, que aceptaron de moi bo grao sumarse a este proxecto. e que xa puidemos ver en plena acción entregando as mochilas viaxeiras xunto con Teresa Blanco ás titoras e ó titor.





Outro ano máis as mochilas irán viaxando de casa en casa do alumnado de Infantil e Primaria con libros moi variados, acordes coa idade e que pode ser un estímulo para pasar  un bo rato entre maiores e pequen@s. O mesmo día 1 de outubro marcharon para o primeiro destino, un pouco máis cedo que outros cursos, para asegurar que chegan a todos os fogares e permanezan  máis tempo en familia. Aquí podemos ver o contido da mochila de 5º de Infantil e a nosa compañeira Eva Gómez  entregándoa a unha da súas alumnas.


















Outra actividade que iniciamos hoxe mesmo foi “Acurta pola biblio” e que proseguiremos ó longo do curso tal como estabamos a facer. Iremos poñendo cartazos  para recordar a actividade e dar pistas do tema proposto polas curtas. A primeira sesión dedicámola  á vara do sefie cun par de curtas.






Tamén queremos adiantarvos que este venres, día 16, comezamos co “Canta e non chores” e demostrar unha vez máis o afinadas que están as voces en Friol. Serán as alumnas e alumnos de 4º da Eso os encargad@s de estrear o curso co tema “ Freed from desire” da cantante Gala.
E por último, animádevos a seguir facendo  máis suxestións, como as que estades deixando na cesta ou publicando nos comentarios das entradas neste blog. Isto facilita moitísimo a selección do novos fondos que sexan do voso gusto.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas