Blog da Biblioteca do C.P.I. Dr. López Suárez. Friol

9.11.15

Samaín I do 2015

Sorprendente! Estabamos  esperando o día de Samaín para celebralo e os alumn@s  de 4º da Eso tentando capturar algunha imaxe no colexio  coas súas caixas de cartón. E mirade cantas pantasmas saíron.


                           
                                   




En Primaria puxéronse a traballar para facer aterradora a entrada nas aulas. Metía medo achegarse ás portas. Para velas podedes visitar a web do centro, neste enlace.




Como vén sendo costume o concurso de cabazas é todo un éxito, tanto na cantidade como na calidade. Foi tremendamente difícil elixir as gañadoras pois todas estaban moi ben realizadas.Neste vídeo aparecen todas as cabazas presentadas ao concurso.





Fixéronse uns marcapáxinas coas cabazas gañadoras e repartíronse a todo o alumnado e profesorado.




Tamén se fixeron conxuros para coller valentía e facer fronte aos medos. E que ben saíron!


Conxuro dos medos, obra de 1º da Eso


Teño medo á escuridade

dunha noite sen luar.

A quedar medio atrapada

nunha arañeira infernal.

Témoslle medo aos lagartos,

ás serpes, sapos e pintas.

Hai quen non soporta os ratos,

eu non sei por que será.

Algún tenlle medo á avoa,

vai saber cal é a razón

Témoslle medo ás alturas,

ás avespas, aos avións,

aos bichiños pequerrechos,

aos tsunamis e escorpións.

O meu medo é ás arañas...

Medos temos máis de mil.

Pero ao medo meus amigos

cara haille que plantar,

con forza e con valentía

contra o medo hai que loitar.

Medo: non che teño medo,

a min medo non me dás,

aínda que ti me persigas

a min non me collerás.

Vaite medo! Medo vaite!.

Vaite medo ! Vaite xa!

Non molestes cos teus medos,

os nosos chégannos xa.

Toda a clase de primeiro

disposta está "pra" loitar

e escorrentar os mil medos,

os mil medos e mil máis.

Adeus medo vaite axiña

e non regreses xamais.

Conxuro dos medos, obra de 2º da Eso


“Fociño de cocho,

rabo de besta,

corno de cabra,

cuspe de pita,

sangue revolto

na ensalada!!!

Queimamos os nosos medos

e marchamos para casa!!!”




Os máis atrevid@s deixaron escritos os seus medos no corredor de Secundaria. Deron o primeiro paso, recoñecer o medo para tentar superalo. A continuación  o "confesafobias" 



Pero aínda queda moito que contar!
Ata a próxima entrega!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas