Blog da Biblioteca do C.P.I. Dr. López Suárez. Friol

10.11.15

Samaín II


Nesta segunda entrega do Samaín imos contarvos un par de cousas máis que ocorreron no centro nesa data.
Foi pola tarde, xusto ao anoitecer cando a comitiva que tiña intención de ir camiñando ata a praza da vila tivo que recollerse debaixo da pista cuberta do colexio. As condicións climatolóxicas non nos permitiron cumprir os noso desexos  pero tampouco decaeron os ánimos. As ganas de conmemorar o Samaín eran demasiado fortes.
Presentamos a continuación un vídeo que resumo o acontecido.  


Esa mesma tarde, unhas horas antes, o alumnado de catro anos tiveron unha sorprendente visita. Apareceulles unha bruxa  e alí mesmo cociñou unha apócema para afastar os medos.



Esa mesma tarde proxectáronse na biblioteca para o alumnado da Eso tres curtas de medo que provocaron gritos entre os asistentes. Mesmo parecía que o tiñan ensaiado!


O alumnado de Primaria e Infantil puideron gozar co Baile dos esqueletos e coa canción interpretada por 5º de Primaria Halloween night.


Os de 5º tamén recitaron versos de terror para a satisfacción de todos. E para  finalizar estes momentos na biblioteca Uxue e Víctor, de 6º de primaria propuxeron unhas terroríficas adiviñas e recitaron Para ser Miss Bruxa.



E antes de despedir o Samaín ata o ano que vén deixámosvos o traballo de investigación que o alumnado de 3º da Eso fixo para a ocasión.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas