1.12.15

Novos fondos para a biblioteca

Desde hai uns días a biblioteca  ampliou os seus fondos cunha serie de libros de diversas temáticas; narrativa, ciencia, música, economía, filosofía, historia… Uns foron adquiridos grazas a vós, que seguides facendo suxestións e outros,  parecéronnos interesantes para a vosa formación. Na seguinte presentación podedes ver algúns deles.



Entre as novidades podedes atopar un libro que pode dar moito xogo para crear historias a partir da mirada. El arenque rojo, de Gonzalo Moure e Alicia Varela é un libro ilustrado de 24 páxinas onde non hai nin unha soa palabra. O libro propón un percorrido visual para crear multitude de historias sobre os personaxes que aparecen. Ao final atoparemos un sobre cun libreto onde nos contan sete historias. Terán algo que ver coas que nos creamos? Animádevos a dar vida ás figuras que se van movendo ao longo das páxinas!

  



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas