Blog da Biblioteca do C.P.I. Dr. López Suárez. Friol

11.1.16

Unha boa nova



Vaia sorpresa! Temos un premiado entre o noso alumnado.
O pasado venres, Socorro, titora de sexto de primaria fixo entrega, nada máis e nada menos, dunha táblet ao seu alumno Rubén Vázquez, xa que foi finalista no concurso de debuxo “  historias do meu cole”, promovido por televisión de Galicia, la Caixa e Os Bolechas, e divulgado no centro pola Biblioteca. Foron moit@s @s alumn@s que se animaron a participar e que poderían ter nas súas mans unha táblet como a que agora Rubén pode disfrutar. Tod@s fixérono moi ben e para comprobalo podedes visitar a páxina neste enlace.

Parabéns a tod@s e recordade que con táblet  ou sen ela debuxar é unha aventura que por si mesma merece a pena.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas