11.1.16

Visita do Apalpador


Un ano máis, e xa van tres, o Apalpador visitou o colexio de Friol. Ocorreu uns días antes do Nadal e como ten costume fixo entrada na biblioteca para asombro e ledicia da rapazada. Presentouse, narrou as súas andainas pola montaña, mostrounos a cantidade de trebellos que manufactura con tanta mestría e paixón e contounos como deixa agasallos nas visitas a multitude de casas nestas datas. E sorpresa! Tamén tiña agasallos para nós; unha chea de libros que foi entregando ás titoras de infantil e primaria. Desde aquí dámoslle as grazas e agardamos que continúe con esta tradición. 



Tamén queremos agradecer a impagable disposición de Jose Antonio, pai dun pequeno de infantil, que tivo que deixar medrar o seu cabelo rubio para a ocasión.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas