28.4.16

Club de lectura


Dime casadiña nova,
      cómo che vai de casada.
             - O meu home está moi vello,
    non me sirve para nada.

Esta é a copla que lle canta o mozo namorado de Pimpinela cando ela casa co señor Fuco en Os vellos non deben namorarse. Por certo!, esta obra de Castelao está de aniversario; 75 anos xa desde que se publicou en Bos Aires. E continúa gozando de moi boa saúde segundo a boa aceptación que tivo no Club de Lectura. Desde aquela moitas burlas e escarnios se seguiron realizando sobre os matrimonios de idades dispares, e nós queriamos saber se estas ideas persisten no noso alumnado de secundaria. Por iso realizamos unha "microenquisa":
1.     Subliña o que proceda:

              SEXO:HOME/MULLER             CURSO: 1º       2º         3º         4º         ESO

2          2.     Queremos saber a túa opinión sobre parellas de idades moi dispares; redondea a letra da opción que                  che pareza máis “aceptable:

a)     Muller de 65 anos con rapaz de 25
b)    Home de 65 anos con rapaza de 25
c)     As dúas me parecen igual de “aceptables”

Os resultados foron os que seguen:


TOTAL ALUMNADO
           
a          6,3%
b          11,9%
c          81,8%

TOTAL RAPAZAS

a          8.5%
b          7,5%
c          84%

TOTAL RAPACES

a          4.15%
b          16.25
c          79,6

1º ESO TOTAL

a          4.55%
b          0%
c          95,45%

1º ESO RAPAZAS

a          0%
b          0%
c          100%

1º ESO RAPACES

a          9,1%
b          0%
c          90,9%

2º ESO TOTAL

a          8,3%
b          38,07%
c          53,57%

2º ESO RAPAZAS

a          16,6%
b          33,3%
c          50%

2º ESO RAPACES

a          0%
b          42,85%
c          57,14%

3º ESO TOTAL

a          13,9%
b          11,1%
c          74,65%
3º ESO RAPAZAS

a          16,7%
b          0%
c          83,3%

3º ESO RAPACES

a          11,1
b           22,2
c           66,6

4º ESO TOTAL

a          0%
b          0,5%
c          99,5%


4º ESO RAPAZAS

a          0%
b          1%
c          99%


4º ESO RAPACES

a          0%
b          0%
c          100%


As nosas conclusións á vista destes resultados son:
COMO CAMBIOU O CONTO?!
ARRIBA O AMOR!!!



E como estas coplas nos fixeron graza e nos deron que pensar, seguimos coa idea de achegar este tema á actualidade.
Desta vez quixeron poñerlle imaxe a estas mofas e  o alumnado, en grupo de dous, escolleu parellas da actualidade de idades moi dispares.
O seguinte paso foi realizar un colaxe caricaturizando cada un dos personaxes e a súa relación.
E como nos seguiamos sentindo arteiros acompañámolas dunhas coplas ideadas polo alumnado. Nelas pretendiamos reflectir os pensamentos da parte moza da parella con respecto á súa relación. Nalgunha delas trunfou o amor, pero na maioría....  



















No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas