3.5.16

Actividade a partir de bandas sonoras


No mes de marzo,  e xa choveu, o alumnado do centro achegouse á biblioteca para escoitar música moi variada e de paso, por que non, enfrontarse a un reto.
No caso de infantil, despois de escoitar bandas sonoras de películas como Peter Pan, Alicia no pais das marabillas, Harry  Potter..., andaron á procura da  portada que lle acaese ben e á escolla de imaxes de rostros que expresaban distintas emocións segundo o que el@s experimentaron. Mediante discriminación auditiva foron seleccionando imaxes de instrumentos utilizados para crear as distintas pezas musicais. E así foron compoñendo un mural sensitivo e emocional que comentaron cos outros grupos.
Para primaria a actividade seguiu o mesmo proceso, mais tiñan que seleccionar de entre unha boa cantidade de textos as frases que aparecen nas películas que se lles asignaron. A actividade completábase  poñendo imaxes do vestiario e complementos dos protagonistas.
Foi un gusto presenciar o entusiasmo e colaboración que amosaron; a boa dinámica de grupo para elixir e debater calquera dúbida nas eleccións das imaxes e textos.
E cando a actividade parecía ter chegado á súa fin; sorpresa gratificante:
Un grupo sabía a coreografía dunha secuencia de Peter Pan e, como non...!, se a actividade comezara con música, o seu era acabala bailando. E así foi!
Pero non quedou aquí a cousa; á vista da implicación  da rapazada na actividade decidiuse ir un pouco máis alá. Distribuídas as portadas das películas polo chan, ao escoitar a música o alumnado elixía correr cara a unha das imaxes. Ás veces era só un/ha deles/as  o que escollía unha das opcións, e fixo presenza a presión de grupo; o INDIVIDUO cambia de opinión "empuxado" pola MAIORÍA, de forma que abandona a súa primeira elección. Foi un bo momento para traballar este comportamento social tan común.

Parabéns a tod@s!!!. Xa podedes buscarvos na seguinte presentación.



Ah! Fortuitamente realizouse algunha gravación  cando pensabamos que faciamos fotos. Saístes tan naturais que vola ofrecemos tal cal.



                       

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas