E como non, o alumnado de infantil entrou á biblioteca cunha misión ben parecida ás comentadas nas anteriores entradas deste blog; atopar os libros perdidos. Para conseguilo, os equipos foron atopando as diferentes pistas agochadas. Unha vez conseguidas decatáronse de que se trataba dun crebacabezas! Como podedes ver nas fotos, grazas ao traballo en equipo conseguiron atopar eses libros que tanto lles gustan.
Un grupo na busca da primeira pista que localizaron grazas ás súas fotos.
Formando o crebacabezas que conformará a portada do libro que teñen que buscar pola biblioteca.
Outro grupo ocupados na mesma tarefa.
Unha vez atopado o libro tiñan que buscar unha ficha no seu interior.
Aquí podemos ver o traballo en grupo para cubrir a ficha...
Escribindo o título...
E unha vez rematado o xogo, satisfeitos e contentos polo éxito conseguido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario