11.4.16

Xogo de pistas con primaria


Tamén  os cursos de primaria se achegaron á biblioteca para facer de detectives neste xogo de pistas adaptado para os distintos niveis. Disfrutaron, e moito,  indagando entre libro e libro.
Podemos ver as diferentes pistas dos cursos máis avanzados que serían agochadas nos seus respectivos libros momentos antes de comezar a proba.







                       


















A seguinte presentación dá testemuña do interese con que o alumnado realizou a actividade.





Que pracer poder asistir á entrega e paixón deste grupo de pequen@s investigador@s!

Todo parecía rematado, mais non foi así. O grupo de segundo sorprendeunos coa súa insistencia;  levar as pistas para a súa aula. Querían reunilas, facer un mapa lineal do acontecido, crear  un mural descritivo  e despois comentalo entre @s compañeir@s de aula. Desta forma tod@ s serían partícipes dos libros que no seu caso non lles tocou explorar. Chegaron á biblioteca como grupo de segundo de primaria, dividíronse en pequenos grupos para facer a actividade e volveron á aula para ser outra vez o GRUPO.







Felicitacións e grazas por aprendernos estes comportamentos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas