Blog da Biblioteca do C.P.I. Dr. López Suárez. Friol

13.5.16

LABERINTO DEL ALMA

Desde esta semana dispoñemos dun libro que propoñemos como imprescindible en calquera biblioteca escolar. 



A través deste libro tentamos achegar os nenas e nenos ao mundo das emocións en toda a súa amplitude.
Consideramos esencial que sexan quen de distinguilas, xestionalas e aceptalas. O abano das emocións é longo aínda que so recoñecemos as máis básicas. Pero, que pasa cando sentimos angustia, celos ou rabia?, cando a alegría nos desborda e nos sentimos inspirados ou cheos de enerxía? 




Aceptar estas sensacións como parte da nosa realidade axudaranos a comprender os nosos pensamentos e sentimentos.
Anna Llenas proponnos descubrir o mundo das emocións con expresivas ilustracións que nos invitan a sentir.

Deixémonos levar…
E por que non, comezando co seu booktrailer.




Tamén podedes botarlle un ollo ao libro diario e animarvos  a expresar as vosas emocións. 


Para tal fin debemos perder os medos e enchernos de sinceridade. Quizá vos poida  axudar este exemplo. Animo!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas