Tamén
o alumnado de Secundaria foi invitado á biblioteca para facer unha actividade partindo
de diferentes músicas. Neste caso, divididos en pequenos grupos, tiñan que
escoitar diversos xéneros musicais para despois poñerlles nome e ubicalos na década
do século XX na que naceron ou tiveron máis transcendencia. Puidemos ver vídeos
e escoitar cancións de músicas tan variadas como o ragtime dos anos dez, charleston
dos vinte, blues, rock, pop, dance, grunge … ata chegar a electrónica actual. A
continuación debían elixir correctamente sete fotos de acontecementos históricos,
socias, tecnolóxicos, manifestacións artísticas, etc. transcorridos nos anos
que foron marcados polo estilo musical concreto. A tarefa non era fácil pois as
imaxes estaban mesturadas con moitas outras dos diversos xéneros. Ademais había
que lles poñer un pé de foto alusivo. Para conseguir a información
cada grupo dispoñía dun ordenador con acceso a internet e para lograr completar con éxito o seu mural “década-musical” necesitaban manexar os seus coñecementos
previos, a intuición, e como non, contrastar a información a través de páxinas
fiables.
Parabéns a tod@s.

No hay comentarios:
Publicar un comentario