28.10.16

Novo curso



Ola a tod@s, desculpade a tardanza por non poñernos en contacto con vós durante este tempo. Xa botamos a andar o curso e moitas son as cousas que nos esperan para que a biblioteca continúe sendo unha plataforma na busca de curiosidade, goce e coñecemento; un punto de encontro.

Pero antes de nada temos que agradecer ás nosas compañeiras Eva Gómez e Sandra Cid, e o tamén compañeiro Benjamín Longarela, que se embarcasen con nós nesta andaina que supón o traballo na biblioteca. Benvidos ao Equipo!

Non podemos esquecer @s colaborador@s, tanto nov@s, que son moit@s, como @s que seguen con nós e que aportan unha axuda fundamental para que isto funcione.Este ano contamos con alumnado que abrangue desde 4º de Primaria a 4º da Eso. Benvidos tamén a el@s!



Queremos agradecer desde aquí á Biblioteca do centro Ies. Pedregal de Irimia o préstamo de dez volumes da obra El capitan Alatriste de Arturo Pérez Reverte para os noso alumnado de 3º da Eso.

Aproveitamos esta entrada para recordar a todo o profesorado que non dubiden en suxerir calquera material ou recurso que estimen necesario para a biblioteca.
Por outro lado, informámosvos que desde a Consellería e a través de Bibliotecas Escolares anímannos este ano a percorrer os moi diversos territorios das artes.  
Aquí tedes a imaxe, creada por Minia Regos, que ilustra o lema deste ano.   

                                               


   Deixámosvos o enlace.

Como vai de artes, eliximos para esta ocasión a peza que a nosa exalumna Jessica Legazpi realizou o ano pasado a propósito da idea que nos transmite a incursión na lectura, a entrada a mundos aínda ocultos.
  
       

E dado que un libro sempre leva a outros libros propoñemos, para ilustrar esta idea, outra creación realizada pola alumna de 4ºda Eso Tania Buján.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas